Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 21 de outubro de 2002, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Esmorís Alemparte, Verónica e seis máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular da zona da Coruña, por medio do presente anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse de dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores, dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, empranzase os interesados ou os seus representantes para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17, 1º A) no prazo de dez días contados desde ó seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 21 de outubro de 2002.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFData da

dilixencia

Descrición do ben

Esmorís Alemparte, Verónica32844999X8-3-2002Vehículo matrícula CA-0230-AX

Fontenla Ulloa, Luis32772279-Q18-6-2002Vehículo matrícula C-4467-CF

García Bravo, Filomena32772279-Q18-6-2002Vehículo matrícula C-4467-CF

La Herculina, S.A.A1504161917-8-2001Vehículo matrícula C-8844-AY

Mesías Fernández, Lourdes32379004-H30-8-2001Predio 17475.0; Rexistro da Propiedade de Betanzos

Muíños Seoane, José Rogelio32109923-Z3-10-2002Vehículo matrícula ZA-3697-H

Rey Rañales, Juan Carlos76414143-R20-6-2002Vehículo matrícula SS-2109-AJ