Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.389

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2002 pola que se convocan, polo sistema de libre designación, tres postos vacantes do cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

Vacantes na Universidade de Santiago de Compostela os postos de traballo que se indican nos anexos a esta resolución e sendo necesaria a súa provisión con carácter urxente,

O rector, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 6 da Lei 3/1995, modificado polo artigo 27 da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, resolve convoca-la provisión, mediante libre designación, dos anteditos postos, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

1. Requisitos dos candidatos: poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican nos anexos.

2. Solicitudes:

2.1. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, sendo o prazo de presentación de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os aspirantes deberán xuntarlle á solicitude un currículum vitae, e xustificar debidamente os méritos que aleguen.

2.2. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela, situado no Rectorado da Universidade (Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela); no Rexistro do Campus de Lugo, situado no edificio de Servicios Administrativos e Biblioteca Intercentros (avda. de Bernardino Pardo Ouro, s/n. Polígono de Fingoi, 27002 Lugo), ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

2.3. Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento de oficio ou por petición do interesado.

3. Adxudicación de postos: no caso de resultar seleccionados funcionarios con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento ó que figure adscrito.

4. Norma derradeira. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de

Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.2º a) da Lei da xurisdicción contencioso administrativa, aprobada la Lei 29/1988, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2002.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: secretaria do rectorado.

Grupo: C/D.

Nivel: 20.

Complemento específico: 3.911,88 A.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

ANEXO II

Denominación do posto: secretaria do rectorado.

Grupo: C/D.

Nivel: 20.

Complemento específico: 3.911,88 A.

Quenda: tarde.

Localidade: Santiago de Compostela.

ANEXO III

Denominación do posto: secretaria do vicerrectorado de estudiantes.

Grupo: C/D.

Nivel: 20.

Complemento específico: 3.911,88 A.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.