Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.380

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2002, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso na escala de enxeñeiros industriais, do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), polo que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio (suposto práctico) da fase de oposición.

O tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso na escala de enxeñeiros industriais, do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), nomeado pola Orde do 25 de abril de 2002 (DOG nº 89, do 9 de maio), na sesión que tivo lugar o 19 de novembro de 2002 acordou que o cuarto exercicio (suposto práctico) da fase de oposición se realizará en chamamento único o mércores 4 de decembro de 2002, na aula nº 8 da

Escola Galega de Administración Pública; rúa Madrid nº 2-4 (polígono das Fontiñas), de Santiago de Compostela.

A realización do exercicio comezará ás 16.30 horas e os opositores deberán estar presentes na aula ás 16 horas.

De acordo co disposto na base II.2.2 da orde de convocatoria, para a realización deste exercicio os opositores poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

Os aspirantes deberán ir provistos do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade ó xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2002.

Antonio de la Hera Roldán

Presidente do tribunal