Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 31 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica resolución do expediente sancionador 435/2002, incoado por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona no anexo a resolución na orde social correspondente.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001.

-Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX.

Xa que noutro caso incoarase o procedemento de constrinximento ante a delegación de facenda correspondente.

Vigo, 31 de outubro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Empresa: Palegal, S.L.

Domicilio e localidade: subida ó Rebullón, 48, Mos.

Número de expediente: 435/2002, 595/2002 (AI).

Data resol. deleg. prov.: 16-10-2002.

Precepto infrinxido: artigo 12 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo.

Precepto sancionador: artigos 5.1º, 8.3º, 39 e 40.1º c) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 3.005,07 euros.