Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica o trámite de audiencia da zona de concentración parcelaria de Bazar (Santa Comba, A Coruña), devolto polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle á interesada que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo a proposta de modificación que afecta en relación co recurso de alzada interposto por Francisco Guillín Fernández, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de San Mamede de Bazar (Santa Comba, A Coruña).

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinataria: Andrea García García.

Domicilio: Pereira- Bazar, 15847 Santa Comba (A Coruña).

Texto: como consecuencia do recurso de alzada presentado por Francisco Guillín Fernández contra o acordo de concentración parcelaria da zona de San Mamede de Bazar (Santa Comba, A Coruña) e do escrito de Jesús Bardanca Rodríguez (en representación dos demais veciños do lugar da Castiñeira), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que lle afecta a vostede.

Durante o prazo de 10 días, contados desde a data desta notificación, poderá vostede manifesta-lo que

teña por conveniente en relación con ela. O expediente teno á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servicio de Concentración Parcelaria de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 39 70.

O que lle notifico a vostede.

Manuel Rodríguez Vázquez, Enxeñeiro técnico agrícola.

Destinar a terra sobrante o terreo contiguo ó depósito de auga; co cal o seu predio número 696 pasaría a dispoñer do subíndice 1 (696-1) e dunha superficie de 2-37-55 hectáreas e un valor de 1.183.405 puntos. Séndolle compensada, esta perda de puntuación, polo extremo leste do seu predio número 512, que pasaría a dispoñer dunha superficie de 5-29-60 hectáreas e un valor de 821.780 puntos.