Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 24 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se fan públicas resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o Servicio Central de Recadación desta Dirección Xeral de Tributos, con enderezo no edificio da Consellería de Economía e Facen

da de San Caetano nº 3, soto, en Santiago de Compostela, en horario das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde

o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

InteresadoCIFEnderezoProcedemento

María Paz Gómez Gómez34.608.845-DR/ Quintela de Canedo, 24

32001 Ourense

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

Licesio Acero Fernández13.244.840-ZPaseo do Ventrillo, 204-8º A

15008 A Coruña

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

José Manuel Veiga Pérez33.829.525-KMendel - Perillo, nº 8

15172 - A Coruña

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA