Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.326

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 14 de novembro de 2002 pola que se modifica a do 30 de abril de 2002, pola que se regulan as axudas para mantemento de centros e servicios dedicados á atención á primeira infancia dependentes de entidades privadas de iniciativa social.

A Orde do 30 de abril de 2002 (DOG nº 92, do 14 de maio), da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, regula as axudas económicas para mantemento de centros e servicios dedicados á atención á primeira infancia dependentes de entidades privadas de iniciativa social. Na súa exposición de motivos establécese que as axudas que se establecen no articulado desta orde se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.212A.4810, recollida no proxecto de Lei de

orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, e o importe destinado a elas ascenderá a 1.711.381,98 euros.

Dado que o importe destinado na Orde do 30 de abril de 2002 resulta insuficiente para atender ás axudas solicitadas, faise necesario incrementa-lo importe destinado pola orde a estas axudas, polo que se fai necesario modifica-la orde no que respecta a este punto.

De acordo con todo o anterior, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modifica-lo parágrafo 7º da exposición de motivos da Orde do 30 de abril de 2002, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e

Xuventude, pola que se regulan axudas para mantemento de centros e servicios dedicados á atención á primeira infancia dependentes de entidades privadas de iniciativa social, que pasará a te-la seguinte redacción:

«As axudas que se establecen no articulado desta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.212A.4810, recollida na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, e o importe destinado a elas ascenderá a 1.959.532,76 euros».

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral de Familia para dicta-las disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA