A Deputación Provincial de Ourense, en sesión do día vintesete de setembro de dous mil dous, apro
bou o proxecto do camiño veciñal 317 a Moreiras polas Airas, fase 3ª, e na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.
A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. Este informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día vintetrés de outubro de dous mil dous.
Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, a vía provincial 317, ademais de uni-la capitalidade provincial con Toén, é unha importante vía de acceso ó núcleo das Airas e a unha serie de lugares de segunda residencia dos habitantes de Ourense, o que provoca que sexa unha zona con abundante tránsito, tanto rodado como peonil, co conseguinte perigo ó ser unha estrada estreita e carecer de beirarrúas, polo que se fai necesario o alargamento da plataforma e o despexe das curvas para unha maior seguridade vial.
A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia, segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de outubro de dous mil dous,
DISPOÑO:
Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Ourense, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto do camiño veciñal 317 a Moreiras polas Airas, fase 3ª.
Santiago de Compostela, trinta e un de outubro de dou mil dous.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Antonio Pillado Montero
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais