Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por poxa aberta da subministración de materiais de construcción diversos para o concello de Vigo.

1. Entidade que adxudica: organismo: concello de Vigo. Dependencia: Parques e Xardíns. Nº expediente: 2355/446.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de reixa, varanda, tapa de fundición, formigón, etc.

Unidades que se entregarán: véxase condicións técnicas.

Lotes: si, 13 lotes.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 60 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: lote 1, 2, 6, 10 e 12: 6.000 euros cada un, lote 3: 1.500 euros, lote 4: 700 euros, lote 5: 500 euros, lote 7: 2.800 euros, lote 8: 3.000 euros, lote 9: 500 euros, lote 11: 12.000 euros, lote 13: 9.100 euros.

5. Garantía provisional: dispensada.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: documentación na Internet.www.vigo.org

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 8 de novembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde