Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

ANUNCIO de aprobación de proxecto de urbanización.

Aprobado con carácter inicial pola Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 10 de outubro de 2002, o proxecto de urbanización presentado e promovido polo Concello de Santa Comba para a urbanización da rúa Bispo García Pardiñas desta localidade, redactado polo enxeñeiro de camiños, Ángel Delgado Cid, ó abeiro do artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e 141 do Regulamento de planeamento urbanístico, sométese a información pública esta aprobación inicial para efectos da presentación de alegacións,

mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior tirada da provincia, durante o prazo dun mes, que comezará a contarse desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santa Comba, 14 de outubro de 2002.

José Toja Parajó

Alcalde-presidente