Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN

INFORMACIÓN pública do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Pleno do Concello de Pazos de Borbén, acordou, na sesión do 14-10-2002, expoñer ó público o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal provincial de ampla difusión.

En consecuencia e de conformidade co disposto no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio no DOG, durante o cal as entidades e particulares interesados poderán examinar toda a documentación do avance, que se atopa na secretaría do concello, de luns a venres, de nove a catorce horas, e formula-las

suxestións, as propostas e os convenios urbanísticos que coiden procedentes.

Pazos de Borbén, 22 de outubro de 2002.

Andrés Iglesias Rodríguez

Alcalde