Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO sobre a modificación das normas subsidiarias de planeamento municipal referida ó SAU 9 e sistemas xerais relacionados.

Nº de expediente: 1993/079.

Aprobación definitiva: acordo plenario do 27 de setembro de 2002.

Trámite: publicación.

Norma reguladora: artigo 48 da Lei do solo de Galicia e artigo 70.2º da Lei 7/1985.

O Pleno do Concello de Nigrán aprobou definitivamente, en virtude da delegación prevista na Lei 7/1995, a citada modificación das normas subsidiarias de planeamento, coa emenda de introducir na normativa a seguinte disposición: «o uso hoteleiro autorízase unicamente na zona 3 e no volume suficiente para a creación de 150 prazas hoteleiras, distribuídas nun ou máis sólidos». En consecuencia, suprimiranse do documentos as referencias ó uso hoteleiro na zona 1.

A citada resolución pon fin á vía administrativa, polo que, contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio, todo isto sen prexuízo de que poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Nigrán, 22 de outubro de 2002.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde