Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Bexo II.
Situación: Dodro.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.Z.1, 12/20 kV de 3 (1x95) mm Al, de 270 m de lonxitude, con orixe no terceiro apoio anterior a C.T. Bexo e final no C.T. Bexo II, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 250 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Bexo II, do que parte rede subterránea de baixa tensión, con conductor R.V. de 30 m de lonxitude, que se conecta a rede existente. Concello de Dodro.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características
se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 17 de outubro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña