Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 15 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/388-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cia, S.A.

Domicilio social: Gabino Bugallal 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Chans de Fornos-Sabaxáns.

Situación: concello de Mondariz.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 40 m de lonxitude, con conductor de aluminio de 3x95 mm, desde a L.M.T. Lougares-Sabaxáns ata o C.T. que se proxecta en Chans de Fornos-Sabaxáns, no concello de Mondariz, de 160 kVA, R.T. 15/20 kV-220/380 V. R.B.T., aérea, de 100 m de lonxitude, desde o C.T. proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta, delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 15 de outubro de 2002.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra