Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de servicios, por concurso público, polo procedemento aberto, para a elaboración dun Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Política Lingüística.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servicios.

b) Descrición do obxecto: prestación de servicios relacionados cos traballos de dirección, supervisión e asesoramento técnico que se realicen ou presten para a elaboración e redacción dun Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 180, do 18-9-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 79.750 A.

5. Adxudicación.

a) Data: 15-10-2002.

b) Contratista: Gecreri, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 72.000 A.

En Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2002.

Xesús P. González Moreiras

Director xeral de Política Lingüística