Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.238

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de novembro de 2002, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A entrada en vigor do Decreto 249/2002, do 18 de xullo (DOG nº 148, do 2 de agosto) polo que se modifica o Decreto 312/1999, do 11 de novembro, polo que se refunde a normativa existente en materia de muller, así como o Decreto 250/2002, do 18 de xullo (DOG nº 148, do 2 de agosto) polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unido á necesidade de adecua-lo cadro de persoal de diversos centros da consellería ás súas necesidades de funcionamento, fan necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do sete de novembro de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

FA.A01.00.000.15770.018Servicio de CooperaciónArtigo 6 da Orde da
FA.C06.00.000.15770.029Servicio de Xestión e

Coordinación

Administrativa

Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de
FA.C99.10.000.15001.105Servicio de Menores1989 (DOG nº 232, do 4
FA.C99.10.000.27001.056Servicio de Menoresde decembro).Postos de
FA.C99.10.000.32001.061Servicio de Menoresconfianza.
FA.C99.10.000.36560.084Servicio de Menores

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do sete de novembro de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública