Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTE CALDELAS

ANUNCIO da oferta de emprego público para 2002.

Conforme o artigo 18 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, Real decreto 352/1986, do 10 de febreiro e demais normas concordantes.

A oferta foi aprobada por Decreto da alcaldía do 21 de outubro de 2002, figurando o número de prazas e postos de traballo no anexo, que continuación se publica, e téndose en conta para iso canto determina o real decreto anteriormente citado.

Tódalas prazas ofertadas serán obxecto de provisión mediante convocatorias públicas que, coas súas correspondentes bases e programas se irán publicando no BOP, e os seus anuncios en extracto das devanditas convocatorias no BOE.

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Corporación: Concello de Ponte Caldelas.

Número código territorial: 36/043.

Oferta de emprego público correspondente ó exercicio 2002.

Persoal laboral fixo.

Denominación do posto: informador xuvenil/coordinador sociocultural.

Nivel de titulación: diplomatura universitaria.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: ordenanza vixilante.

Nivel de titulación: graduado escolar.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: ordenanza Centro de Saúde.

Nivel de titulación: graduado escolar.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: limpadora.

Nivel de titulación: graduado escolar.

Número de vacantes: 1.

O que se fai público para os efectos do disposto no artigo 128 do RDL 781/1986 e disposicións concordantes.

Ponte Caldelas, 21 de outubro de 2002.

Perfecto Rodríguez Muíños

Alcalde en funcións