Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

Aprobados inicialmente polo alcalde, mediante Decreto do 6 de novembro de 2002, os proxectos de estatutos e de bases de actuación da xunta de compensación presentados a esta Administración pola xunta xestora do polígono AEI-24 de Poeta Pérez Parallé, expóñense ó público no Negociado de Urbanismo en r/ María 52-54, 5ª planta, xunto co expediente que se instrúe para o efecto, por prazo de vinte días, durante os cales poderán ser examinados por cantas persoas se consideren afectadas e formula-las alegacións que estimen pertinentes.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 11 de novembro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde