Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CEDULA do 30 de outubro de 2002, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-40-IV/76, conta 60, e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138.1º, do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por número de expediente e conta) que se relacionan no anexo, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que coiden convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 30 de outubro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Fidel Morales Barros e herdeiros.

Expediente: C-40-IV/76 (F.P. 44/2002).

Conta: 60.

Polígono Elviña, 2ª fase, bloque 16, P-1, 1º A (A Coruña).

Importe da débeda: 16.736,49 euros.

Marcelino García Fernández e herdeiros.

Expediente: C-2-IV/75 (F.P. 48/2002).

Conta: 159.

R/ Alexandre Bóveda, nº 15, 4º C; polígono de Vite (Santiago de Compostela).

Importe da débeda: 17.365,08 euros.

Jesús S. Albor Barcia e herdeiros.

Expediente: C-2-IV/75 (F.P. 53/2002).

Conta: 78.

Avda. Castelao, bloque 5-4º B; polígono de Vite (Santiago de Compostela).

Importe da débeda: 12.298,89 euros.