Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2002 pola que se anuncia a apertura dunha convocatoria para a presentación de solicitudes de concesións de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarres nas instalacións para a náutica recreativa no porto da Pobra do Caramiñal.

De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas instalacións para a náutica recreativa no porto da Pobra do Caramiñal, por período de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5-A-6º, 15707 Santiago de Compostela, e na sede da zona centro deste ente público, sita na rúa Alférez Provisional 1-1º, 15006 A Coruña.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito na devandita sede central de Portos de Galicia as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia