Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 7 de outubro de 2002, da Delegación Territorial de Vigo, de notificación da resolución recaída no expediente de autorización 01/269, tramitado por solicitude formulada por José García Juncal para a realización de obras consistentes na reforma e ampliación de edificio, na avenida Montero Ríos, número 77, termo municipal de Bueu, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución da delegada desta consellería en Vigo, recaída no expediente de autorización tramitado neste servicio a solicitude formulada por José García Juncal para a realización de obras consistentes na reforma e ampliación de edificio, na avenida Montero Ríos, número 77, termo municipal de Bueu, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

Contra a presente resolución pódese interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de outubro de 2002.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Vigo

ANEXO

Expediente número: 01/269.

Solicitante: José García Juncal

Último enderezo coñecido: r/ Milladoiro 2, Finca Fierro, Cabeza de Vaca (Ourense).

Obra solicitada: reforma e ampliación de edificio.

Lugar: avda. Montero Rios, nº 77.

Concello: Bueu.

Resolución: de conformidade co artigo 71.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, resólvese denegarlle, da solicitude epigrafada, a José García Juncal a autorización, ó non presenta-la documentación precisa; tense por desistido da súa solicitude.