Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/107-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Andrés González González.

Domicilio social: Santa Ouxea, 32008 Barbadás.

Denominación: L.M.T., C.T. para carpintería metálica.

Situación: Santa Ouxea-Barbados.

Características técnicas: liña aérea a 20 kV de

45 m de lonxitude, derivada da L.M.T. circunvalación Ourense (Unión Fenosa, S.A.) e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V preto da carpintería.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 8 de outubro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL