Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/106-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Celso Taboada Fernández.

Domicilio social: As Codeseiras, 32650 Vilar de Santos.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. para granxa avícola.

Situación: As Codeseiras, Vilar de Santos.

Características técnicas: liña aérea a 20 kV, de 12 m de lonxitude, derivada da L.M.T. ós CC.TT. Casas da Veiga-Vilar de Santos (Unión Fenosa, S.A.) e remata no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V liña de baixa tensión de 450 m de lonxitude ata a granxa avícola.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 8 de outubro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense