Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 23 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se notifica resolución de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística, devolta polo servicio de correos por resulta-lo seu destinatario ausente no reparto.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificáronselle a Javier Martínez Domínguez os datos da resolución da Dirección Xeral de Urbanismo do 8 de outubro de 2002, dictada no seguinte expediente de reposición da legalidade urbanística, por resultar ausente no reparto.

Expediente: 107 B-2002/47-0, de reposición da legalidade urbanística.

Denunciado: Javier Martínez Domínguez.

Condición: promotor das obras.

Último enderezo coñecido: rúa de Ourense, nº 2-B.

Feitos: ampliación de nave, consistente en construcción e cimentación de formigón e 8 piares. Entre estes, parede de bloques prefabricados de formigón cunhas dimensións aproximadas de 20 metros de lonxitude por 3,50 metros de altura.

Lugar: Rons, 12, Coviña do Mar.

Municipio: O Grove.

Contido da parte dispositiva da resolución:

1. Incoar expediente de reposición da legalidade urbanística pola realización das obras arriba descritas sen a preceptiva licencia municipal, das que é promotor Javier Martínez Domínguez.

2. Notificarlle esta resolución ó interesado, que poderá alegar e presenta-los documentos e xustificantes que coide pertinentes no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, en cumprimento do disposto

no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2002.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo