Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.198

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE LUGO

EDICTO (168/2002).

Nos autos de referencia dictouse a seguinte resolución:

«Sentencia nº 438

En nome de El-Rei.

Na cidade de Lugo o dous de outubro de dous mil dous.

Sendo Ana Belén Sánchez González xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Lugo, e vistos os autos precedentes de xuízo verbal nº 168/2002, seguidos neste xulgado por instancia de Ángel Rodríguez Cameselle, representado polo procurador Sr. Pardo Paz e asistido pola letrada Sr. Gómez Dacal contra José Manuel López Díaz, en situación procesual de rebeldía.

Decido que estimando a demanda presentada polo procurador Sr. Pardo Paz, en nome e representación de Ángel José Rodríguez Cameselle contra José Manuel López Díaz, debo declarar e declaro ter lugar ó desafiuzamento instado sobre a vivenda sita en Lugo, avenida das Fontiñas nº 204, 3º b, con apercibimento de lanzamento, e debo condenar e condeno o demandado a que lle aboe ó demandante a suma de 1.024 euros, co xuro legal desde a interpelación xudicial ata a sentencia e desde esta ós procesuais, con imposición de custas ó demandado.

E, para que sirva de notificación a José Manuel López Díaz, expídese este edicto en Lugo o dez de outubro de dous mil dous.

O/A secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE MUROS