En uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e que se especifican no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar na convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio administrativo de San Caetano nº 5, Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais ou nas oficinas sinaladas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles contados a partir
do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude publícase no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.
Quinto.-O nomeamento dun funcionario con destino definitivo noutra Administración pública ou que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resultase seleccionado para oucpa-lo posto de traballo anunciado, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable, conforme o previsto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá declararse deserto o posto de traballo se se considerase oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade do novo, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publi
cación da resolución, agás no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnala directamente, á elección do/a demandante, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.
Enrique César López Veiga
Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos
ANEXO I
Código: PE.C99.10.000.15001.048.
Denominación do posto de traballo: Servicio Estructuras e Mercados da Pesca.
Centro directivo: Delegación Territorial da Coruña.
Localidade: A Coruña.
Corpo ou escala: xeral/especial.
Grupo: AB.
Nivel: 28.
Complemento específico: 9.127,20 euros.
Adscr. Adm. P.: A11.
Formación específica: 640.-Descrición códigos da adscrición a administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Admón. da Xunta de Galicia, Admón. do Estado, Admón. de comunidades autónomas).-Descrición códigos de formación específica: 640 (para persoal doutra Admón., curso de perfeccionamento de galego. Requisito indispensable).
ANEXO II
NOTA: úsese o publicado nas páxinas 16.195 e 16.196.
CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,
MULLER E XUVENTUDE