Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.192

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 18 de novembro de 2002 pola que se convocan para a elección de destino os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001 para o acceso á categoría 2 do grupo I (titulado superior médico) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto) convocouse o proceso selectivo para o acceso a distintas categorías do grupo I, sendo elevada a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría 2 do grupo I (titulado superior médico) median

te a Orde do 22 de outubro de 2002 (DOG nº 209, do 29 de outubro). Por todo o exposto e de acordo co disposto na base V da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría 2 do grupo I (titulado superior médico) do persoal laboral da Xunta de Galicia para a elección de destino, en único chamamento, no salón de actos grande da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no edificio administrativo San Caetano en Santiago de Compostela, o día 22 de novembro de 2002, ás 13.30 horas.

A preferencia para a elección de destino virá dada pola orde de prelación resultante do proceso selectivo.

Esta orde de prelación e os destinos ofertados serán os que figuran no anexo desta convocatoria.

Os postos de traballo adxudicados terán a natureza de destino definitivo de acordo co disposto no artigo 7.2º do IV convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Ós aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e á orde de prelación obtida no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ós aspirantes presentes ou representados, e entre os que quedaron sen adxudicar.

Os aspirantes que superasen o acceso á categoría 2 do grupo I, e que estean prestando os seus servicios

noutra categoría, corpo ou escala da Xunta de Galicia, elixirán destino ou, de non facelo, pasarán á situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade na categoría que superaron, de acordo co artigo 24.5º do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. Neste último caso deberán presentarse ó chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal na que conste que o interesado presta os seus servicios na actualidade.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

ANEXO

Grupo I: categoría 002 (titulado superior médico).

Acceso libre.

Nº ordeDNIApelidos e nomeTotal

132449408-LLado Canosa, Mª de los Ángeles45,14

234984912-ARodríguez Camero, Susana43,95

335311258-WHermida Díaz, Ana Mª42,17

432641973-MAres Bañobre, Mª Mercedes39,08

533289060-XFernández García, José Manuel38,85

645416635-FBartolomé García, Estrella38,80

732429940-DPérez Caloto, Margarita Mª32,17

Vacantes ofertadas

orde

Código

do posto

DenominaciónCentro de

destino

Complem.

convenio

GrupoCateg.Form.Observ.Titul.

1ASC991000027001201Titulado superior médicoDelegación Provincial Lugo0 A1002

2ASC994020127560009Titulado superior médicoCentro de Atención a Minusválidos Psíquicos (Sarria)3.752 A1002

3ASC994030236560004Titulado superior médicoResidencia de maiores (O Meixoeiro-Vigo)3.827 A1002

4ASC994030336560017Titulado superior médicoResidencia asistida de maiores (Vigo)0 A1002

5EDC991000027001058Inspector médicoDelegación Provincial Lugo0 A1002A186003

6EDC994090115350011Médico (medicina xeral)C.E.E. Carmen Polo (Ferrol)0 A1002A74

7EDC994090115350010Médico/a (psiquiatra)C.E.E. Carmen Polo (Ferrol)0 A1002A746003

8EDC994090115770007Médico/aC.E.E. A Barcia (Santiago de Compostela)0 A1002A18, A746003

9EDC994090127300001Médico/aC.E.E. Infanta Elena (Monforte de Lemos)0 A1002A746003

10EDC994090132001004Médico/aC.E.E. MIDO (Ourense)0 A1002A74

11PEC994030136235040MédicoInstituto Galego de Formación en Acuicultura A Illa de Arousa3.606 A1002719

Código titulación:

6003: segundo convenio.

Formación específica:

719: curso de medicina hiperbárica dun mínimo de 150 horas impartido por unha universidade ou institución oficial (requisito indispensable).

Observacións:

A18: media xornada.

A74: a tempo parcial 9,5 meses.