Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 14 de outubro de 2002, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución recaída no expediente de autorización número 02/17, tramitado por solicitude de Manuel Santos Navarrete para realización de obras consistentes na construcción de peche, no lugar de Vilanova, termo municipal de Cangas, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a resolución da delegada desta consellería en Vigo, recaída no expediente de autorización tramitado neste servicio, á solicitude formulada por Manuel Santos Navarrete para a realización de obras consistentes na construcción dun peche, no lugar de Vilanova, termo municipal de Cangas, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de outubro de 2002.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: 02/17.

Solicitante: Manuel Santos Navarrete.

Último enderezo coñecido: r/ Cataluña, nº 40-2º-Vigo.

Obra solicitada: construcción peche.

Lugar: Vilanova.

Concello: Cangas.

Resolución: de conformidade co artigo 90 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que establece que todo interesado poderá desistir da súa solicitude, resólvese ter por desistido da solicitude epigrafada a Manuel Santos Navarrete, dando por concluído o expediente.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE