Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T. Avda. das Mariñas.
Situación: Oleiros.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V., 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 187 m de lonxitude, coa orixe no C.T. predio Rialeda e final no C.T. Avda. das Mariñas, para instalar.
Centro de transformación, no baixo do bloque nº 2 da urbanización entre Avda. das Mariñas e Avda. Rosalía de Castro, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Concello de Oleiros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 11 de outubro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña