Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se abre o trámite de información pública do proxecto sectorial para a implantación do Centro de Transportes e Terminal Intermodal de Ponte Caldelas (Pontevedra).

En relación co proxecto citado a Dirección Xeral de Transportes,

ACORDA:

1. Facer público o acordo do 10 de outubro deste ano, adoptado polo Consello da Xunta de Galicia declarando como de incidencia supramunicipal o proxecto sectorial para a implantación do centro de transporte e terminal intermodal de Ponte Caldelas que literalmente dí:

«1. Declara-lo proxecto sectorial para a implantación do Centro de Transporte e Terminal Intermodal de Ponte Caldelas, como de incidencia supramunicipal para os efectos previstos pola Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e o Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se

regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

2. Determinar que lle corresponde á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o impulso e tramitación do citado proxecto sectorial, segundo o procedemento establecido polo artigo 25 da Lei 10/1995 de ordenación do territorio de Galicia, e o artigo 13 do Decreto 80/2000».

2. Somete-lo proxecto, de conformidade co establecido no artigo 13 do Decreto 80/2000, dO 23 de marzo, a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da Comunidade Autónoma.

3. Dar trámite de audiencia ás corporacións locais nos termos establecidos no precitado artigo 13.

O expediente poderase examinar no Concello de Ponte Caldelas e nas oficinas de Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A., sitas en Vigo, na praza Maruja Maio nº 1 planta 1ª, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a devandita sociedade.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2002.

María José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes