Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María del Mar Docampo Carballo e María Hirma Coello Babarro.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso número 1/1085/2002 interposto por María del Mar Docampo Carballo e María Hirma Coello Babarro na súa condición de aspirantes no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo).

As recorrentes, aspirantes da categoría de ATS/DUE, pretenden a modificación da resposta considerada correcta para a pregunta número 62 do segundo exercicio da fase de oposición (acordo do tribunal de selección publicado no Diario Oficial de Galicia do 15 de febreiro de 2002).

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos