Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 26 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de inicio de expediente sancionador 24/2002 a María Teresa Amor Simón.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente sancionador 24/2002, seguido de oficio, contra María Teresa Amor Simón, finalizando este trámite con acordo de inicio de expediente sancionador por non dedica-la vivenda de promoción pública adxudicada a domicilio habitual e permanente. Expediente LU-96/505, conta 29.

O citado acordo é do seguinte teor:

Acordo de inicio de expediente sancionador 24/2002.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-96/505, conta 29, adxudicada a María Teresa Amor Simón, avda. América, bloque 1, portal 2-planta 3ª A de Ribadeo (Lugo) e unha vez terminadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos.

1. Con data 10 de xuño de 2002 realízase de oficio visita de inspección á vivenda de referencia, resultando imposible localizar a ninguén nela e constatando indicios de que a adxudicataria non reside de maneira habitual e permanente neste domicilio, segundo se reflicte na correspondente acta de inspección nº 1035/2002.

2. Con data 15 de xullo de 2002 efectuouse unha nova inspección á dita vivenda resultando, segundo se reflicte na acta de inspección nº 1237/2002, que non é posible localizar a ninguén nela, observándose indicios de non ocupación habitual.

3. Con data 13 de xuño de 2002 solicitáronse os seguintes certificados:

-Certificado de empadroamento da adxudicataria solicitado ó Concello de Ribadeo.

-Certificado do consumo de enerxía eléctrica da vivenda solicitado á empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. (BEGASA).

-Certificado sobre o consumo real de auga da vivenda solicitado á empresa Aquagest.

4. En contestación ás anteriores peticións recíbese a seguinte documentación:

-Con data 18 de xuño de 2002 certificado do Concello de Ribadeo, segundo o cal resulta que no padrón de habitantes dese concello figura inscrita a titular noutra vivenda.

-Con data 31 de xullo de 2002 certificación de consumo de auga remitido pola empresa Aquagest, indicando as lecturas bimestrais do contador que o consumo é moi baixo durante os últimos meses.

-Con data 25 de xuño de 2002, certificado de consumo de enerxía eléctrica remitido pola empresa BEGASA, indicando as lecturas que o consumo durante os últimos meses é moi baixo.

5. O artigo 5º, apartado C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses, constitúe una infracción grave.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Ó abeiro do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achegar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

3. En particular, e segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a notificación do presente acordo para achega-los documentos ou informacións que estimen convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

4. Os feitos indicados poden ser constitutivos de infracción administrativa tipificada no punto e), 6 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda da que aparece como presunto responsable María Teresa Amor Simón, podendo corresponderlle unha sanción de 601,02 ata 3.005,06 euros de multa, sen prexuízo do que resulte da tramitación do presente procedemento.

5. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do Regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación o contemplado nos artigos 28 e 29 da dita lei.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, esta delegación

ACORDA:

1. Incoa-lo procedemento administrativo sancionador contra María Teresa Amor Simón, como presunta responsable dos feitos sinalados.

2. Nomear instructor do expediente a Francisco Centeno Márquez xefe da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e como secretario a Jesús Rodríguez Anllo, auxiliar administrativo da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.

3. Conceder un prazo de quince días para achegaren os interesados cantas alegacións, documentos e informacións estimen convenientes, e, de se-lo caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Comuníquese o presente acordo ó órgano instructor con traslado de tódalas actuacións practicadas, e notifíqueselle ó interesado, entendendo en todo caso como tal ó inculpado, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 26 de setembro de 2002.

Antonio Boné Piña

Delegado provincial de Lugo