Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Comerciantes y Empresarios de Arbo.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Comerciantes y Empresarios de Arbo, que abrangue os seguintes ámbitos.

Territorial: concello de Arbo.

Profesional: tódalas empresas que desenvolven a súa actividade de comercio, industria e servicios neste concello.

Asinan a acta de constitución: Carlos Simón Gil e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 31 de outubro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo

Territorial: xurisdicción de Vilanova de Arousa, na ría de Arousa.

Profesional: tódolos productores de mexillón que desenvolvan a súa actividade na dita xurisdicción.

Asinan a acta de constitución: José Portas Núñez e outro.

Os estatutos despositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 5 de novembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra