Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 8 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/365-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S. e reforma c. seccionamento peirao Bouzas-Gestoso.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 725 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde o empalme na liña BAL 7.23, á altura do C.T. JOP 3, alimentando en bucle o centro de seccionamento Freiremar e rematando no centro de seccionamento que se vai reformar, denominado Gestoso, no peirao de Bouzas, no concello de Vigo. Reforma c. seccionamento cunha liña CML-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 8 de outubro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra