Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.072

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 8 de outubro de 2002 pola que se establecen as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria concertada polo Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 205, do mércores 23 de outubro de 2002, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 15.065, no punto 4.2., onde di: «Tarifas máximas por tratamento completo para o ano 2002», debe dicir: «Tarifas máximas por procedemento para o ano 2002».

-Na páxina 15.066, no artigo 2º, punto 1, onde di: «As tarifas dos concertos vixentes á entrada en vigor desta revisaranse aplicando...», debe dicir: «As tarifas dos concertos vixentes á entrada en vigor desta orde revisaranse aplicando...»

-Na páxina 15.066, no artigo 5º, onde di: «Para os efectos do previsto no artigo 159.2º f) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, os concertos singulares regulados no artigo 2º da presente orde...», debe dicir: «Para os efectos do previsto no artigo 159.2º f) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, os concertos singulares regulados no artigo 3º desta orde...».