Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.048

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A. (CEEI GALICIA, S.A.)

ANUNCIO de concurso público aberto para a contratación de asistencia técnica para edición e imprenta de guías de actividade empresarial.

Mediante acordo de Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. (CEEI Galicia, S.A.) convócase concurso público aberto para a seguinte contratación:

Obxecto do contrato: a edición e impresión de 60 libros de guías de actividade empresarial, edición de 1.000 exemplares de cada libro.

Orzamento máximo global para esta contratación: ata 180.000 euros, incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE).

Tramitación: urxente.

Os pregos de bases e prescricións técnicas do concurso están á disposición dos interesados no domicilio de CEEI Galicia, S.A., no edificio Igape, 3ª planta, complexo administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, 15703 A Coruña. Teléfono: 981 54 68 23.

Plazo de presentación de ofertas: as proposicións para poder tomar parte no concurso presentaranse nas oficinas de CEEI Galicia, S.A. en Santiago de Compostela, dentro do prazo de dez días naturais a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de vencemento do prazo fose inhábil, o vencemento trasladarase ó seguinte día hábil.

Gastos do anuncio: os gastos de publicidade do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2002.

Carlos Pérez de Vega

Apoderado de CEEI Galicica, S.A.