Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 8 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/303).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.I., R.B.T. Pazos-Fonte Paredes.

Situación: Brión.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoio de formigón e con conductor LA-56, de 9 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta o C.T. Ons e final no C.T. Pazos, que se vai instalar.

Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA, e tensións de 20/0,380 kV.

Redes de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 1.140 m de lonxitude, desde o C.T. Pazos e de 1.480 m de lonxitude desde o C.T. Salaño. Concello de Brión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Mone

los, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 8 de outubro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña