Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, actuando en nome e na súa representación, en virtude do Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias nos delegados provinciais en materia de contratación administrativa (DOG nº 35, do 19 de febreiro), resolveu adxudica-los seguintes traballos:

1. Capa de rodadura na travesía de Quintáns-Au gapesada da estrada AC-453 en Ames, do p.k. 2,200 ó 4,200.

Clave: R-AC-02.02.

Orzamento: 79.390,85 A.

Adxudicatario: Canarga, S.L.

2. Acondicionamento das travesías de Ponteceso, estrada AC-422, p.k. 10,140 ó 10,640 e na estrada AC-423, p.k. 10,400 ó 10,575.

Clave: R-AC-02.04

Orzamento: 210.739,61 A.

Adxudicatario: Construcciones López Cao, S.L.

3. Renovación e mellora de sinalización horizontal e balizamento na estrada C-550 e outras.

Clave: R-AC-02.07.

Orzamento: 132.269,27 A.

Adxudicatario: Trafic Vial, S.L.

4. Renovación e mellora de sinalización vertical e barreira de seguridade na estrada C-550 e outras.

Clave: R-AC-02.08.

Orzamento: 184.351 A.

Adxudicatario: Proseñal.

5. Reperfilado de foxos e tratamento de marxes en estradas da sección sur.

Clave: R-AC-02.09.

Orzamento: 69.950,30 A.

Adxudicatario: Eduardo Boan Álvarez.

6. Reparación de firmes en estradas da sección sur, C-540 e outras.

Clave: R-AC-02.10.

Orzamento: 134.500 A.

Adxudicatario: Oviga.

7. Reparación do firme de estradas sección norte. C-641 e outras.

Clave: R-AC-02.11.

Orzamento: 146.700 A.

Adxudicatario: Ecoasfalt, S.A.

8. Reperfilado de foxos e limpeza de marxes de estradas sección norte. AC-224 e outras.

Clave: R-AC-02.12.

Orzamento: 69.428,50 A.

Adxudicatario: Eduardo Boan Álvarez.

9. Prolongación de beirarrúas en San Vicenzo. Estrada AC-444 1ª fase.

Clave: AC-02-107 A Baña.

Orzamento: 97.390,51 A.

Adxudicatario: Eduardo Boan Álvarez.

10. Travesía nas Tablas. Estrada C-540. Oza dos Ríos.

Clave: AC-02-163 Oza dos Ríos

Orzamento: 52.932 A.

Adxudicatario: Eduardo Boan Álvarez.

11. Construcción de beirarrúas na Igrexa. 1ª fase.

Clave: AC-02-181 As Somozas.

Orzamento: 56.760,37 A.

Adxudicatario: Xestión Forestal e Medioambiental.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto que pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

A Coruña, 14 de outubro de 2002.

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña