Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 16.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARDEVÓS

ANUNCIO.

O Concello de Vilardevós anuncia a exposición ó público do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilardevós elaborado por Consultora Galega, S.L. en setembro 2002, coa finalidade de que as persoas e as entidades interesadas poidan presenta-las suxestións, propostas e convenios urbanísticos que xulguen oportuno, en cumprimento do que dispón o artigo 41.1º da Lei 171997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O prazo de exposición ó público é de dous meses contado desde que se publique o anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia.

A documentación do antedito avance está ó dispor do público nas oficinas municipais da Casa do Concello de Vilardevós.

Vilardevós, 14 de outubro de 2002.

José Luis Pérez García

Alcalde