Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por Decreto de Alcaldía do 4-11-2002, aprobouse o prego de condicións para a impartición dun curso de auxiliar de enfermería en xeriatría mediante concuros con procedemento aberto urxente, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da insercción do último anuncio no DOG no BOP ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, se ben a licitación se adiará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Duración do curso: 585 horas que se realizarán en 5 meses.

Contido do curso: Plan FIP da Consellería de Familia, Emprego, Muller e Xuventude.

Importe de licitación. 45.000 A.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do sexto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presen

tación de propostas. No caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

Proposicións.

Lugar de prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación en horario das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece (13) días, contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de concurso no DOG ou BOP.

Documentación: presentarase en dous sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 4 de novembro de 2002.

Manuel Varela Rey

Alcalde