Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 100/2002 PLA.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, con base no disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade.

Expediente sancionador Secretaría 100/2002 PLA.

Denunciado/a: Centro Perruquería e Estética CV Center.

Último enderezo coñecido: Salvador Allende, 5 baixo. A Coruña.

Cualificación da infracción: grave.

Importe da sanción: tres mil cinco euros con sete céntimos.

A Coruña, 5 de setembro de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña