Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2002 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Andrómeda, S.A., sita na rúa Padre Feijoó número 15, 5º, local 2, da Coruña.

Examinado o expediente instruído por instancia de J. Esteban Domingo Escamilla, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Viajes Andrómeda, S.A., titular da axencia de viaxes Viajes Andrómeda, S.A., do grupo retallista, co código identificativo GC 339 e casa central na rúa Ganduxer nº 59 de Barcelona, en solicitude da autorización

de apertura dun novo establecemento na rúa Padre Feijoó nº 15, 5º , local 2, da Coruña.

Resultando que, coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado decreto para a obtención da súa autorización.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta Dirección Xeral de Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Andrómeda, S.A., co código identificativo GC 339, do grupo retallista e casa central na rúa Ganduxer nº 59 de Barcelona, da que é titular Viajes Andrómeda, S.A., a apertura dun novo establecemento na rúa Padre Feijoó nº 15, 5º, local 2 da Coruña, que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. Esta axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo