Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo número 02/4923/2002, contra o informe desfavorable do 26 de xuño de 2002, expediente 65/01-PO, sobre o Plan especial de desenvolvemento da unidade de execución número 14 San Vicente do Tea, das normas subsidiarias de planeamento de Ponteareas.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 02/4923/2002, interposto por Urbanización San Vicente del Tea, S.A., contra informe desfavorable do 26-6-2002, expediente 65/01-PO, sobre o Plan especial de desenvolvemento da unidade de execución nº 14 San Vicente do Tea, das normas subsidiarias de planeamento de Ponteareas, esta secretaría resolveu ordena-la remisión do correspondente expediente ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda