Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.971

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos definitivos correspondentes ó concurso de traslados do 18 de xullo de 2002, polo que se ofertaban prazas vacantes para secretarías de xulgados de Paz entre secretarios de Paz a extinguir de máis de 7.000 habitantes e oficiais da Administración de xustiza.

Visto o expediente instruído como consecuencia do concurso de traslados convocado por Resolución do 18 de xullo de 2002 (BOE e DOG do 31 de xullo), para cubri-las prazas vacantes para secretarías de xulgados de Paz entre secretarios de Paz a extinguir de máis de 7.000 habitantes e oficiais da Administración de xustiza,

Esta dirección xeral, de conformidade co disposto nos artigos 455, 481 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no Regulamento orgánico do corpo de secretarios da xustiza municipal, aprobado por Decreto do 12 de xuño de 1970 e o capítulo III do título IV do Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer públicos os destinos que con carácter definitivo se lles adxudicaron ós funcionarios que participaron no concurso de traslados convocado por resolución da data mencionada anteriormente, que se corresponden cos relacionados no anexo I da resolución da convocatoria.

Segundo.-Excluír do concurso de traslados os funcionarios que no anexo II se relacionan.

Terceiro.-Declarar caducadas as instancias presentadas polos participantes no presente concurso que non obtiveron destino, polo que non se terán en conta en futuros concursos de traslados.

Cuarto.-Declarar desertas as prazas non adxudicadas no presente concurso, agás que se pretendan amortizar ante modificación do cadro de persoal orgánico ou reordenación de efectivos dun centro de traballo, polo que se cubrirán na forma prevista no artigo 458 da Lei orgánica do poder xudicial por funcionarios de novo ingreso.

Quinto.-O cesamento deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou Diario Oficial de Galicia se é simultánea, e deberá tomar posesión

do novo destino obtido por concurso nos tres días naturais seguintes ó cesamento, se non hai cambio de localidade, ou nos dez días naturais seguintes, no caso contrario. O prazo posesorio será retribuido pola Administración competente respecto da praza obtida no concurso.

Se a resolución comporta reingreso ó servicio activo á Administración de xustiza, o prazo posesorio deberá comezar a contar desde o día seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia se é simultánea, pero no presente caso o devandito prazo non resulta retribuído, xa que se produce antes de formalizarse o reingreso no corpo de secretarios de Paz ou oficiais e, por tanto, non pode computarse como de servicios efectivos.

No caso de que os funcionarios reingresados por medio do presente concurso se atopen en activo noutro corpo e non desexen que se lles interrompa a súa relación de servicio coa Administración, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectua-la toma de posesión, poderán solicitar ó presidente, xuíz, fiscal ou xefe do organismo do seu actual destino, un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade ou de dous en caso contrario, agás aqueles casos que teñan que desprazarse ás Canarias, Illas Baleares ou Ceuta e Melilla, para os que o permiso poderá ser de ata tres días (artigo 66.1º g) do Regulamento orgánico), e o cesamento no seu anterior terá destino con data inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso.

Esta Comunidade Autónoma competente concederálle-la excedencia de oficio no corpo de procedencia se esta se produce nun corpo ó servicio da Administración de xustiza, e o cesamento neste destino terá data anterior á da súa posesión no corpo de oficiais co obxecto de evita-la interrupción na percepción dos seus haberes.

Os funcionarios interinos que actualmente ocupen as prazas que foron adxudicadas cesarán como consecuencia da posesión do seu titular.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado ou Diario Oficial de Galicia, se é simultánea.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2002.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Concurso de traslados: convocatoria Resolución do 18-7-2002 (BOE e DOG do 31 de xullo).

Destinos adxudicados na Comunidade de Galicia.

1º APELIDO2º APELIDONOMEDNICORPOESCALAPREFERENCIAAMDIDTOTAL

PUNTOS

CATEGORÍADESTINO

ADXUDICADO

DESTINO

ACTUAL

EIROSCASTROANA Mª33818724OFICIAL5066OF.10 920 212,806OF.-SECRET.XDO. PAZ-ZAS

(A CORUÑA)

1ª INST. E INSTR.-RXTO. CIVIL BARCELONA

FERNÁNDEZSÁNCHEZMARTÍN32414991OFICIAL9013OF.-SECRET. 1 217 4 5,214OF.-SECRET.XDO. PAZ-GONDOMAR

(PONTEVEDRA)

XDO. PAZ (A.M.)

CANDELARIO-SALAMANCA

NEGREIRANOIAFCO. XABIER76347179OFICIAL6269OF. 9 317 615,297OF.-SECRET.XDO. PAZ-BRIÓN

(A CORUÑA)

1ª INST. E INSTR. Nº 3

SANTIAGO DE COMP.

(A CORUÑA)

SAMPAYORODRÍGUEZLUIS33217351OFICIAL5360DEREITO10 920 616,806OF.-SECRET.XDO. PAZ-TEO

(A CORUÑA)

1ª INST. E INSTR. Nº 1

SANTIAGO DE COMP.

(A CORUÑA)

ANEXO II

Non hai excluídos