Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2002 Páx. 15.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2002 pola que se convoca a contratación da obra de adecuación urxente do borde sudoeste e controis da nova estafeta de correos e posto de control no Complexo Administrativo de San Caetano.

Obxecto: contratación da obra de adecuación urxente do borde sudoeste e controis da nova estafeta de correos e posto de control no Complexo Administrativo de San Caetano.

Prazo de execución: oito meses.

Orzamento: 604.605,16 euros.

Anualidade 2002: 44.962 euros.

Anualidades 2003: 559.642,71 euros.

Garatía provisional: 12.097,10 euros.

Clasificación: grupo C, subgrupos: todos, categoría E.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación estará ó dispor dos licitadores na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Adminis

tración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do Complexo Administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela e no enderezo da Internet http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2016.

Para dispor das fotocopias do proxecto deberán dirixirse á copistería Tórculo Artes Gráficas, S.L., praza de Mazarelos 14, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 54 55.

Modelo de proposición: o que figura como anexo III ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano) ás 10 horas do décimo segundo día natural, contado desde o seguinte ó termo do prazo de presentación de proposicións. Se fose sábado ou inhábil, a apertura será o seguinte primeiro día hábil.

O importe dos anuncios relativos ó presente concurso serán por conta do adxudicatario, que deberá aboalos con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública