Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

No BOP de Lugo nº 235, do 14 de outubro de 2002, publícanse as bases para cubri-las seguintes prazas de persoal deste concello:

Unha praza de auxiliar de administración xeral, integrada no grupo D, escala de Administración xeral, subescala auxiliar, que se cubrirá mediante oposición libre.

Unha praza de oficial de obras e servicios, integrada no grupo D, escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, que se cubrirá mediante concurso-oposición, e polo sistema de promoción interna.

Tres prazas de peón, que se cubrirán como persoal laboral fixo, mediante concurso-oposición.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Sarria, 15 de outubro de 2002.

Claudio M. Garrido Martínez

Alcalde