Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a adxudicación da obra que se cita.

1. Entidade adxudicadora.

-Organismo: Universidade de Vigo.

-Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contración.

-Nº de expediente: 422/2002.

2. Obxecto do contrato.

-Descrición do obxecto: valado pistas de atletismo no Campus de Lagos-Marcosende.

a) Categoría CPV: 45.21.63-45.211-51372.2. b) Prazo de execución: o indicado no punto 5 do prego

de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de execución: Campus de Vigo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 67.280 A IVE incluído.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

-Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

-Enderezo: r/ Areal, 46, anexo, 3º andar.

-Localidade e código postal: Vigo-36201.

-Teléfono: 986 81 35 56.

-Telefax: 986 81 38 57.

-Data límite de obtención de documentos e información: o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas.

-Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó de publicación desta Resolución no DOG.

-Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

Domicilio: r/ Areal, 46, edificio anexo, planta baixa, localidade e código postal: Vigo-36201.

-Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

-Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas.

-Entidade: Sala de Xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

-Domicilio: r/ Areal, 46-1º andar.

-Localidade: Vigo-36201.

-Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

-Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 4 de novembro de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade da Coruña