Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 26 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncian os traballos de investigación da propiedade da zona de concentración parcelaria de Monte de Foxáns e Santa María de Bendaña (Touro-A Coruña).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Monte de Foxáns e Santa María de Bendaña (Touro-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 41/1993, do 19 de febreiro (DOG nº 40, do 1 de marzo) que se van inicia-los traballos de investigación da propiedade para efectos de concentración, que darán comezo ó día seguinte ó da publicación deste aviso e se prolongarán durante o tempo necesario, no lugar habilitado para o efecto na mesma parroquia.

Requírense os propietarios, alugados e parceiros e, en xeral, os cultivadores e titulares de calquera dereito, para que, dentro do prazo indicado, lle presenten ó persoal encargado dos citados traballos os títulos en que funden os seus dereitos ou declaren en todo caso os gravames ou situacións xurídicas que afecten as súas leiras ou dereitos.

Advírtese que as leiras dos propietarios que non aparecesen neste período serán consideradas como leiras de descoñecidos e daráselle-lo destino sinalado na Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia; tamén se advirte que a falsidade destas declaracións dará lugar, con independencia das sancións penais, á responsabilidade por danos e perdas que se deriven dela.

Os traballos de concentración afectarán a totalidade das parcelas pertencentes ás parroquias de Monte de Foxáns e Santa María de Bendaña do concello de Touro. Polo tanto, os seus propietarios deberán, no seu propio interese, ademais de face-la declaración das súas parcelas, segui-lo desenvolvemento dos traballos de concentración para facer vale-los seus dereitos no momento oportuno.

A Coruña, 26 de setembro de 2002.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO