Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO para a contratación, por concurso aberto, da subministración de materiais para a mellora da infraestructura eléctrica do Concello de Vigo.

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 29 de abril de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Clarificar e rectifica-lo erro material detectado nas ordenanzas R2, R3, R7 e R8 do Plan parcial de Navia aprobado definitivamente por acordo plenario do 3-6-1996 (expediente 2444/411), de conformidade co solicitado pola entidade Xestur Pontevedra dependente do IGVS da Xunta de Galicia, no sentido de estima-la prevalencia das disposicións do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU-93) e artigo 11 do devandito plan parcial fronte ás determinacións sobre sotos contidas no cadro xeral de superficies edificables da memoria deste último. En consecuencia, as características dos sotos previstas nas ordenanzas R2, R3, R7 e R8 do plan parcial axustaranse directamente ós parámetros do PXOU-1993. O conseguinte incremento da superficie baixo rasante corresponderase proporcionalmente co número de vivendas proxectadas e co de prazas de garaxe obrigatorias vinculadas a elas, non podendo exceder en ningún caso do derivado da dita relación proporcional (expediente 7556/411).

Segundo.-Publica-lo presente acordo no BOP e no DOG. Notifica-lo seu contido íntegro ós directamente interesados, así como a CPTOPV da Xunta de Galicia, con indicación de que contra este cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común por medio do presente anuncio e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 9 de maio de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Diversificación e Aforro. Nº expediente 3327/444.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de materiais eléctricos.

Unidades que se van entregar:

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 60 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 63.106,27 euros.

5. Garantía provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 24 de outubro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde