Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia unha contratación, mediante procedemento aberto, concurso público e tramitación ordinaria (C.P. 31/2002).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

c) Número do expediente: C.P. 31/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: arrendamento e mantemento de material informático para o Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo.

b) Número de unidades que hai que entregar: ver pregos.

c) División por lotes e número: ver pregos.

d) Lugar de entrega: ver pregos.

e) Prazo de entrega: ver pregos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importes totais: setenta e cinco mil novecentos vintecatro euros con setenta e cinco céntimos (75.924,75 A).

5. Garantía provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas e demais documentación complementaria pódese solicitar na Sección de Contratación Administrativa, de luns a venres desde as 9 ata as 14 horas.

a) Entidade: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo.

b) Domicilio: Pizarro, 22.

c) Localidade e código postal: 36204 Vigo.

d) Teléfono: 986 81 59 37.

e) Telefax: 986 81 60 29.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica, financeira e solvencia técnica. Sistema de acreditación.

Xeral (acreditación libre por un o varios dos medios referidos nos artigos 16 e 18 TRLCAP contidos no anexo II do prego).

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: as ofertas pódense presentar en man antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

8.30 horas, sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, o décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das ofertas terá lugar o día hábil seguinte.

A data e o lugar do acto público no que se propoña a adxudicación será debidamente anunciada polo órgano de contratación no taboleiro de anuncios do Hospital Xeral, planta 0 (artigo 58.59º da

Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios, o importe máximo estimado é de 2.200 A.

12. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Vigo, 9 de outubro de 2002.

Manuel Sánchez Delgado

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo